A asociación Parkinson Galicia organiza o domingo 22 de outubro unha carreira de nove quilómetros polo paseo marítimo do Burgo coa colaboración da asociación Castelo Deporte e o Concello de Culleredo. Paralelamente terá lugar unha andaina solidaria. As inscricións permanecerán abertas ata o día 17.

A cita, o domingo 22 de outubro. Centos de persoas xuntaranse por unha inmellorable causa para correr ou camiñar polo paseo marítimo do Burgo, en Culleredo. Os 5 € da inscrición estarán integramente destinados á asociación Parkinson Galicia, que presta apoio a persoas con esta enfermidade en Galicia.

Ata o martes 17 estarán abertas as inscricións a través da web de Emesports, nunha dobre modalidade: carreira (9 km.) e andaina. As dúas rutas partirán á mesma hora para rematar na zona próxima ás pistas polideportivas do paseo, onde terá lugar a entrega de premios e haberá diferentes sorteos.

Existe tamén a posibilidade de colaborar cun dorsal 0, tamén a disposición dos interesados na web de Emesports.

Anótate!