O 12 de maio desde as 10.00 horas, Castelo acollerá unha nova edición dunha saída popular que é xa tradición, e na que Miguel Manteiga homenaxea a algunha das persoas máis relevantes na súa carreira como ciclista profesional.

Só quince días despois da Travesía do Xalo, Castelo acollerá de novo un dos eventos habituáis na temporada de primavera. Será a quinta edición dunha marcha na que nos últimos anos teñen participado centos de afeccionados ao ciclismo de montaña, dispostos a pasar un bo día nunha contorna ideal como é a do Monte Xalo.

Nesta ocasión, o percorrido será de 30 km., cun desnivel positivo de 1.300 m. As inscricións están xa abertas a través de www.emesports.es, e será posible anotarse ata o 9 de maio. Os participantes recibirán coa inscrición unha camiseta conmemorativa, e poderán participar nunha churrascada popular que terá lugar ao remate da ruta.

Anótate aquí!