O festival que do 20 ao 25 de agosto encherá Castelo de actividades relacionadas coa comedia, a tradición oral e a cultura rural terá algunhas actividades para as que será preciso mercar entradas.

Existen diferentes opcións en función das actividades ás que se desexe asistir, con diferentes prezos, e ata un abono completo para as actividades de venres e sábado.

  • Abono Castelo Conta (40 €) | Inclúe a participación na andaina, o xantar e a cea do sábado, o espectáculo de monólogos do sábado e o espectáculo ‘Somos Criminais’ do venres.
  • Andaina, xantar, cea e monólogos (30 €) | Inclúe todas as actividades do sábado: andaina, xantar e cea, e espectáculo de monólogos
  • Xantar, cea e monólogos (25 €) | Inclúe o xantar e a cea do sábado, e a entrada para o espectáculo de monólogos.
  • Cea e monólogos (20 €) | Inclúe o ticket para a cea do sábado, e o posterior espectáculo de monólogos.
  • Monólogos (18 €) | Inclúe a entrada para o espectáculo do sábado á noite.

Todas as opcións están á venda tanto en puntos de venda físicos como en Ataquilla.com, agás o abono completo, que só é posible mercalo nos puntos de venda.