Queremos seguir facendo de Castelo Deporte unha asociación diferente: próxima, responsable, comprometida, pero tamén dinámica e innovadora. Queremos seguir coidando do monte, botando unha man a quen nos rodea, e apoiando a cultura nas nosas actividades. Súmaste?
Socio anual | 15 €
Socio infantil (ata os 15 anos) | 5 €
Familiar (parella + menor de 15 anos) | 25 €
E por ser socia ou socio…
- 20% de desconto na inscrición da Travesía do Xalo, a Nocturna do Xalo e Ao Xalo polo Santiago!
- 20% de desconto nas actividades e espectáculos do Castelo Conta
- Inscrición preferente no programa de andainas De ruta!, con desconto sobre o prezo da actividade
- Subscrición de balde á revista de Castelo Deporte, de periodicidade anual
- Boletíns mensuais por correo electrónico con información sobre a actividade da asociación