As festas do San Ramón en Castelo amplían este ano a súa duración: seis días de actividades por todas as aldeas da parroquia con dous pratos fortes, o venres e o sábado, ‘Somos Criminais’, con Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco, e un gran espectáculo de monólogos cos mellores cómicos de Galicia.

A programación inclúe actividades para todo tipo de públicos: cada mañá, de luns a venres, terán lugar actividades para os máis pequenos, entre elas unha ruta teatralizada polo Monte Xalo. As tardes serán para os maiores: as aldeas de Castelo acollerán cada día encontros entre veciños de Castelo para falar de tradición oral. Xa polo serán, haberá música, teatro e danza.

Durante a fin de semana multiplicaranse as actividades festivas: non faltará a música, cos concertos de Os Revenidos (o venres) e a Charanga Mekánica (o sábado).

As entradas están á venda en Ataquilla e en diferentes puntos de venda físicos que poden ser consultados na web do festival, www.casteloconta.gal