As e os participantes na proba absoluta enfrontaranse a un percorrido de 16,34 quilómetros polos camiños do Xalo. Por primeira vez, a carreira só pasará polo entorno dos montes de Castelo.
O Xalo prepárase para recibir este domingo a preto de oitocentos participantes na duodécima edición da proba que organiza Castelo Deporte xunto co Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña.
Os máis de douscentos cincuenta inscritos na carreira percorrerán un trazado de 16,34 quilómetros, con saída e chegada na polideportiva de Castelo, cun desnivel acumulado positivo de 1.212 metros.
Contarán con dous avituallamentos, un deles líquido, e outro sólido e líquido, ao longo do percorrido.
Como grande novidade, a proba deste ano desenvolverase nunha superficie moito menor á doutras edicións, xa que a ruta foi deseñada unicamente no entorno dos terreos da Comunidade de Montes Veciñais de Castelo.