Os agradecementos da XI Travesía do Xalo

Varias semanas despois da actividade, que foi suspendida pola fatal indisposición dunha participante, Castelo Deporte quere agradecer a comprensión de todas as persoas e empresas que participaron na difícil xornada do 24 de abril.

De entre todas as sensacións tristes coas que lembraremos aquel domingo de hai un mes en Castelo, quedará un sentimento do que paga moito a pena falar: a certeza de que estamos rodeadas e rodeados de moita e moi boa xente. 

Tiñamos pendente pechar este capítulo, o da undécima Travesía do Xalo, co único peche posible: o dos agradecementos.

  • Ao Concello de Culleredo, aos Servizos de Emerxencia Municipais, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, e tamén aos grupos municipais de todos os partidos políticos que contactaron con naqueles días. En especial, nesta capítulo, a Miguel Suárez e a Ana Oteruelo.
  • A Ambulancias Apóstol, ao persoal médico e auxiliar que participaron na Travesía do Xalo, ao 061, á Guardia Civil, e á Policía Local de Culleredo. Tamén a Marcos Carreira, o profesional de Allianz que xestionou os seguros da proba.
  • Aos medios de comunicación que contactaron con nós durante aqueles días e trataron con tanto respecto a noticia, facéndose eco das informacións que publicamos dun xeito absolutamente profesional.
  • A Emesports: Kiko, Enma e Eze.
  • A Javi España, Panadería Naya e a Dudó Duende Dulce por toda a comprensión desde o primeiro momento.
  • A todas as empresas e profesionais colaboradores: Panadería Manuel Rodríguez, Marathon Running Shop, Cume Norte, Ainé Producións, Sonpress, Soho Café Coruña, Fripor, Mástil Noroeste Publicidad, SOOS, Jairo Iglesias, Aigi Boga e Galyferr.
  • A comunidades de montes de man común de Celas e Castelo, e ás súas directivas.
  • A todas e todos os participantes, do primeiro ao último e da primeira á última: que exemplo sodes. Xente pola que paga a pena seguir organizando carreiras e andainas polo monte. Grazas, de corazón, a todas e a todos os que nos enviastes tantas mensaxes por tantos lugares.
  • Ás compañeiras e compañeiros doutros clubes e asociacións que organizan probas como a Travesía do Xalo, polas vosas mensaxes.
  • A todas as voluntarias e voluntarios de Castelo Deporte, as persoas que botastes unha man case sen que nos coñeceramos, ás veciñas e veciños de Castelo.
  • Á familia e amigos de Ana Isabel Costa.

Debémonos, a todas e a todos, vernos de novo no Xalo.