Sobre Castelo
A parroquia de Castelo é unha das once parroquias de Culleredo, e a que se sitúa máis lonxe das zonas urbanas do termo municipal. Está situada, sen embargo, a menos de cinco minutos de Carral.
As súas veciñas e veciños non chegan aos douscentos, e se distribúen en seis núcleos: Folgueira, Vilaverde, Castelo de Abaixo, Xian, Xalo e Donepedre. En Folgueira están situadas as infraestruturas coas que conta a parroquia, o Centro Social, a Polideportiva, o Campo da Capela de San Ramón, a Igrexa de Santiago Apóstolo e a Capela de San Ramón, ademais do Campo da Festa.
O acceso a Castelo é posible por diferentes estradas, desde Celas de Peiro e Vinseira (Culleredo), Altamira (Cambre), e Tabeaio, Carral e Cabrois (Carral).
A parroquia é coñecida por ser o principal acceso ao Monte Xalo desde a comarca da Coruña, ademais de polas súas festas na honra de San Ramón, a última semana de agosto. Sen embargo, o nacemento no 2006 da asociación Castelo Deporte e a transformación das festas populares no festival Castelo Conta no ano 2014 converteron a Castelo nun caso singular e extraordinario da dinamización de entornos rurais en Galicia.
O actor Xosé A. Touriñán ou o ex-ciclista Miguel Manteiga son naturais da parroquia, onde tamén naceu a coñecida cantante Finita Gay, a quen se lle adica un mural no exterior do Centro Social.