Despois de varios anos, a Travesía recupera esta modalidade dentro das probas deportivas da xornada, cun percorrido de 9,9 quilómetros e un desnivel acumulado de 820 metros. As clasificacións xa están dispoñibles!
Andrés Flórez Pérez , Adrián Mosteiro e Luis López-Riobo Salinas fixéronse co podio na categoría masculina, e Susana Capelán, María Souto Jiménez e Silvia Andrea Kukla Casas na feminina. Noraboa a todos os corredores e corredoras!


Fotografías de Miguel Lamas
