xv Travesía do xalo · Clasificacións da carreira LONGA

Os camiños do Monte Xalo levan quince anos acollendo esta proba deportiva tan demandante, a carreira longa desta edición chegou ao seu fin, tras máis de dúas horas de intenso esforzo. Os corredores e corredoras da carreira longa da Travesía cruzan a liña de meta con 19,5 quilómetros e 2.729 metros de desnivel acumulado ás costas. 

Pauline Jacob, María Esther Barreira Vázquez e Alejandra Seoane Rial fixéronse co podio na categoría feminina, e Miguel Vázquez Grela, Rubén Gómez Lamas e Marcos Naya Badallo na masculina.

Noraboa a todos os corredores e corredoras!

Fotografías de Miguel Lamas