O Xalo acollerá este sábado a sexta edición da Nocturna do Xalo, unha das probas máis agardadas polos habituáis do monte, na que as e os participantes percorren as sendas e camiños polos que transcorre a ruta na escuridade dunha tarde-noite outonal.
Desta volta as persoas inscritas na carreira percorrerán unha distancia de 12 quilómetros, mentres que as que decidan facer a andaina farán 8 quilómetros por un percorrido preparado polo equipo da asociación Castelo Deporte no monte veciñal de Castelo.
De novo, a proba sumará ao deporte a solidariedade, e será posible realizar doazóns á Fundación Mari Paz Jiménez, que traballa na investigación do sarcoma, un descoñecido tipo de cancro.
Horario de saída: 19.00 h.
Horario de recollida de dorsais: 12.00 a 18.45 h.
