A gran festa nocturna do monte

Hai xa varias edicións que a Nocturna do Xalo esgota todas as prazas en poucas semanas. Camiñar e correr polo monte ás escuras é toda unha aventura, e un plan perfecto para unha tarde de outono no Xalo, pero a festa posterior ten tamén moito que ver.

De novo, Castelo será capital da conxunción entre deporte, festa e natureza cunha churrascada que prepararán as veciñas e veciñas e Castelo, coa experiencia acumulada de todas as que levan feitas nas últimas décadas. As e os participantes terán, coa súa inscrición, un ticket co que poderán repoñer forzas logo da ruta, nunha cea popular para a que tamén poderán mercar racións as persoas que queiran achegarse a recibir a camiñantes, corredoras e corredores.

A partir das 21.30 comezarán a servirse as racións, e a festa prolongarase ata a madrugada no Xalo. Antes, entregaranse os trofeos ás tres primeiras clasificadas e clasificados na carreira.