As e os participantes poden achegar doazóns á entidade xunto coas súas inscricións, aínda que tamén é posible facerse cun dorsal cero. Castelo Deporte colabora coa Fundación Mari Paz Jiménez pasado desde hai cinco anos, apoiando o seu traballo de investigación e apoio á loita contra o sarcoma, un descoñecido tipo de cancro.
A solidariedade será, de novo, protagonista na Travesía do Xalo. A Fundación Mari Paz Jiménez estará presente na proba difundindo a súa actividade na investigación e a loita contra o sarcoma, e entregará os trofeos á corredora e ao corredor máis veteráns.
Desde hai cinco anos Castelo Deporte colabora tanto na carreira e a andaina do mes de abril como na Nocturna do Xalo con esta entidade, pioneira no apoio ás persoas que padecen o cancro sarcoma e ás súas familias, traballando para incentivar a formación e investigación clínica.
Todas e todos os participantes na proba deste próximo domingo teñen a oportunidade de incrementar o prezo da súa inscrición cunha achega a esta entidade, así como adquirir un dorsal cero a través de www.castelodeporte.gal; ademais, tamén será posible mercar algúns dos artigos solidarios que a fundación pon a disposición das e dos asistentes á actividade.