Terá unha distancia de 18,61 quilómetros, e os participantes chegarán a unha altitude máxima de 510 metros. Están previstos ata tres puntos de avituallamento ao longo do percorrido. O desnivel será de 1230 metros.
Xa se coñecen os datos máis relevantes da ruta da carreira da XIII Travesía do Xalo. A proba, que xa supera as cen inscritas e inscritos, terá unha distancia de 18,61 quilómetros por sendas do Monte Veciñal de Castelo, nun percorrido inédito deseñado polas voluntarias e voluntarios de Castelo Deporte.
As inscritas e inscritos afrontarán un circuíto cun desnivel de 1230 metros, chegando a unha altitude máxima de 510 metros sobre o nivel do mar, na parte máis alta do Xalo.
Haberá tres avituallamentos, dous deles líquidos nos quilómetros 6 e 13, e un sólido e líquido, no quilómetro 9.
Como é habitual na Travesía do Xalo, e para preservar a ruta en perfectas condicións, non se fará público o mapa do percorrido.