Publicamos os perfiles das probas deste domingo. Os percorrido, de 20,11 e 10,78 quilómetros, terán un desnivel positivo de 1319 e 546 metros, respectivamente.
Desde os seus comezos, no 2010, a Travesía do Xalo non publica o track dos percorridos das carreiras: unha forma de preservar o traballo realizado polos voluntarios de Castelo Deporte ao longo de varios meses, preparando cada metro da ruta a percorrer polos participantes o último domingo de abril.
Pechadas xa as inscricións, e a poucos días da proba, xa son públicos os perfiles das carreiras de 21 e 10 quilómetros, así como os principais datos de desnivel a altitude máxima.