Castelo Deporte celebrará eleccións á Xunta Directiva a comezos do 2022

  • Os estatutos da entidade impoñen a celebración de eleccións cada dous anos, polo que a directiva actual comezará o proceso nas próximas semanas.
  • Por causa da pandemia o grupo que dirixiu Castelo Deporte desde xaneiro de 2020, presidido por María Jesús Reboredo, non tivo ocasión de celebrar actividade algunha.

A asociación Castelo Deporte celebrará eleccións á súa Xunta Directiva en pouco máis de dous meses. Será cando se cumpran dous anos da última elección, da que sairon escollidos María Jesús Reboredo, Susana Espiñeira, Fernanda Espiñeira, Antonio Fero, Álvaro Pérez Becerra e Juan Sebastián Rey.

Non existindo limitación de mandatos nos estatutos da asociación a directiva actual poderá decidir presentarse de novo, ou ben conformar un novo grupo.
Á votación para a escolla do grupo que dirixirá a asociación ata 2024 están chamados os máis de cen socios e socias da asociación.