- A asociación cullerdense recupera, logo de case dous anos, a súa programación regular de actividades, cunha andaina e carreira nocturnas polo Monte Xalo.
- As inscricións están xa pechadas ao esgotarse as prazas dispoñibles nas dúas modalidades.
A cita máis relevante do outono co Monte Xalo está de volta. Por terceiro ano a asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Nocturna do Xalo. Unha proba de dobre modalidade, carreira e andaina, que o sábado 20 de novembro permitirá ás e aos participantes coñecer as sendas e camiños do monte nunhas condicións pouco habituáis.
As liñas xerais da actividade serán as mesmas que en anteriores edicións: as e os participantes na carreira deberán percorrer 12,8 quilómetros, con saída e chegada na polideportiva de Castelo, ao igual que quen decida participar na andaina, cuxo percorrido será de 8,5 quilómetros.
As inscrición inclúe unha camisola, o seguro de accidentes e a cea que as veciñas e veciños de Castelo servirán ao remate das probas. A carreira, como é habitual, estará cronometrada por Emesports, que tamén colabora na actividade.
A organización garantirá o cumprimento de todas as medidas sanitarias de prevención vixentes na data da actividade, que trasladará ás e aos participantes nos días previos.
Castelo Deporte mantén, ademais, o compromiso social das actividades que organiza, colaborando unha vez máis coa Fundación Mari Paz Jiménez, á que no momento da inscrición será posible realizar unha doazón.
As prazas, limitadas a 175 en cada modalidade, están xa esgotadas.