Castelo prepara a gran festa do monte

Durante as próximas semanas daranse a coñecer as actividades que Castelo Deporte prepara para celebrar o quince aniversario da Travesía do Xalo.

Se á carreira do Xalo veuse sempre pola festa, este ano non hai desculpa posible. A fin de semana do 25 de abril quere ser a gran celebración do deporte no monte, cunha programación pensada para o público de todas a idades, que fará de Castelo o epicentro do sendeirismo e o trail, pero tamén da sensibilidade ambiental e a acción para o coidado dos grandes espazos naturais en Galicia.

A tarde do sábado 25 de abril será para a festa e as homenaxes: un percorrido polos quince anos da Travesía do Xalo a través das e dos seus protagonistas, que ao longo de todas estas edicións encheron de cor as pistas e camiños do monte, e desfrutaron na polideportiva de Castelo da festa que cada ano prepararon as veciñas e veciños. Haberá exposicións, concertos, actividades para as máis pequenas e pequenos, pero tamén gastronomía. Castelo Deporte habilitará toda a superficie da polideportiva de Castelo para unha tarde-noite especial.