Manuel Barros, novo presidente de Castelo Deporte

Manuel Barros é o novo presidente da Asociación Castelo Deporte, sucedendo a Susi Reboredo no cargo e será liderará a entidade ata o ano 2029. Estará acompañado na directiva por Susana Espiñeira, Antonio Fero, Álvaro Pérez Becerra e Fernanda Espiñeira, que repiten no máximo órgano de goberno da asociación.

Á asemblea, na que tamén se presentaron as contas anuais do pasado e exercicio e as liñas de actividade para o 2025, asistiron preto de cincuenta socias e socios da entidade.