Castelo Deporte e Castelo Conta comezamos neste 2025 unha colaboración que queremos facer permanente coa Asociación Aspanaes, que traballa no apoio ás persoas con autismo e ás súas familias. Desde o seu centro de día en Castelo -que foi o primeiro que tiveron- ofrecen servizo de atención diurna terapéutica. Algunhas das actividades máis destacadas de todas as que promoven para os seus usuarios desde a nosa parroquia están programas de saúde, culturais, ou actividades musicais.
O por que desta nova liña de apoio das asociacións culturais e deportivas de Castelo aos nosos veciños do centro de Aspanaes ten que ver coa máis que necesaria construción de comunidade nos lugares aos que pertencemos ou que nos acollen. Que mellor que pensar no futuro da nosa parroquia como un lugar referente en cultura, deporte, conservación do entorno, e tamén en servizos sociocomunitarios.
Na Travesía do Xalo -agora- e no Castelo Conta -nuns meses- ofreceremos a participantes e público a posibilidade de botar unha man neste obxectivo de facer ás entidades sen ánimo de lucro do ámbito social e sanitario, como Aspanaes, aínda máis fortes. Desde este lugar, e para todas e todos.